A Carballeira de Ribadumia acolle esta fin de semana a II Romaría Musical

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRibadumia
A-
A+

A Carballeira de Ribadumia acolle este sábado, 14 e domingo 15 a II Romería Musical organizada pola Agrupación Músico cultural de Ribadumia coa intención de organizar unha xornada festiva e de convivencia entre os seus membros e todo aquel que queira participar.

A xornada comezará o sábado 14 as 10:00 da mañá con partidos de futbol sala no Pavillón municipal de Ribadumia seguido dun Torneo de escoba as 15:00horas  na mesma instalación. As 17:00horas haberá unha festa infantil con gincana de natureza, xogos populares, maquillaxe e globoflexia e animación musical.

Xa as 19:30 horas na carballeira de Ribadumia comezaran os concertos da Banda infantil seguido da xuvenil as 20:30horas. As 21:30 horas o grupo pop rock Kashmir ofrecerá o seu repertorio  ata as 22:15 que volverá a Banda xuvenil con música de sempre.

Xa pola noite a festa rematará con Prima Nocte, The Blue Pipes e un DJ que chegará as 01:00h.

O domingo na Carballeira de Ribadumia comezarase as 10:30h con Xogos populares como a chave e a Rá. Seguido dun concerto da Banda Xuvenil a 13:00.

As 14.30h terá lugar un xantar a prezos populares, o que se poden anotar os interesados nos teléfonos 610 541 355 ou 670 454 402.

A animación infantil continuará as 16:00h ata as 17:00 canda comezará o quinteto de metais, seguido doutro concerto da Banda Xuvenil e un Concurso de Baile as 19:30h. O DJ as 20:30h clausurará a xornada.

Espérase a participación dun importante número de veciños  e visitantes para  disfrutar xuntos dunha din de semana de lecer, música e xantar.

13 de setembro de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.