publicidade hoxe

A Cañiza acolle unha conferencia sobre a exposición conmemorativa da coroación da virxe da Franqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal
A-
A+

Mañá xoves o Salón de Plenos do Concello da Cañiza acollerá unha conferencia sobre a exposición de arte MAGNIFICAT que versa sobre os 1500 anos de arte, relixiosidade e veneración no Santuario da Franqueira, exposición que se inaugurará en Vigo o venres, 27 de setembro ás 20:00 horas en La Casa dás Artes de Vigo e que permanecerá aberta ata o 27 de outubro.

Mañá na Cañiza poderase ver un adianto do que será a exposición. Na Conferencia estará presente o Bispo da Diocese Don Luis Quinteiro Fiuza, o Alcalde da Cañiza Don Miguel Domínguez o párroco do Santuario da Franqueira Don Javier Alonso Doval e o Director do Museo Diocesano, Delegado de Patrimonio Cultural e Comisario da Exposición Don Andrés Fuertes Palomera. Este último será o encargado de presentar a exposición e explicala a través de imaxes e diapositivas que converterán a conferencia nunha clase de arte interactiva e dinámica.

A Conferencia comezará mañá ás 20:30 horas e está aberta a todo o público que desexe participar.

25 de setembro de 2013 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.