A Banda Municipal de Lugo adica o seu concerto dominical á Semana de Cine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, da que é responsable Carmen Basadre, comunica que o próximo concerto da Banda Municipal estará adicado á XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

O concerto terá lugar o domingo, ás 12.30 horas na Praza Maior e será dirixido por Rosendo Ivorra.

O programa está composto polas seguintes obras: Amparito Roca, de Teixidor; O tambor de granadeiros, de R. Chapí; American folk suite, de H. L. Walters; O baile de Luis Alonso, de Giménez; A italiana en Alxer, de Rossini, e Gloria ao traballo, de Teixor.

20 de setembro de 2013 | 20:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.