A Banda Ferrolá de Música ofrecerá un concerto no Cantón de Molíns
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel-Reyes García Hurtado, informou hoxe do concerto que realizará a Banda Ferrolá de Música mañá sábado, día 7, ás 12:30 horas no Cantón de Molíns, e baixo a dirección do mestre Narciso Pillo. Esta actuación forma parte da programación de concertos de verán.
O programa que a Banda de Música de Ferrol interpretará durante esta xornada musical é o seguinte: Coruña de F. del Río, La Gran Vía de Chueca y Valverde, Katiuska de P. Sorozábal, La canción del Olvido de J. Serrano, El Barberillo de Lavapiés de A. Barbieri, e Agüero de J. Franco.











