A aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol acolle a mostra “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” sobre o cambio climático

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) do Concello de Ferrol, ubicada no parque municipal Raíña Sofía, abre ao público mañá martes, 3 de setembro a exposición itinerante sobre o cambio climático “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, que se poderá visitar ata o día 15, de martes a domingo. O horario será de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00, ata o domingo 31 de marzo. A mostra está cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) poderá ser visitada polo público de maneira gratuíta.

Esta nova exposición engloba 19 paneis didácticos e diferentes elementos dinámicos e audiovisuais que perseguen, entre outros obxectivos, a concienciación dos participantes na procura de solucións. Tamén valorar a importancia e repercusións de todas aquelas actuacións que dende os diferentes ámbitos poden desenvolverse para mitigar os efectos do cambio climático. A mostra, de carácter gratuíto, está cedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, e pode ser visitada polo público en xeral ou concertar citas para visitas guiadas con calquera tipo de grupo e/ou colectivo.

2 de setembro de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.