A aula Cemit informa das axudas para o acceso a internet de banda larga vía satelite

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+
Charla sobre as axudas

Charla sobre as axudas

Ata o vindeiro 30 de setembro está aberto o prazo para que os cidadáns ou as pequenas e medianas empresas, poidan solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite, a través dun programa executado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) en colaboración coa AMTEGA.

Por tal motivo, o vindeiro mércores 11 de setembro vaise a transmitir por videoconferencia unha charla dunha hora de duración na que se explicará, de forma sinxela, a forma de acceder a estas axudas e ter internet naquelas zonas con mais dificultades de cobertura que non poidan usar outras tecnoloxías.

A charla por videoconferencia terá lugar o día 11, de 10 a 11 horas.

As persoas interesadas en asistir, poden inscribirse antes do día 11, no Campo da Feira, s/n; chamar ao teléfono 986623304, ou ben mandar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.es.

5 de setembro de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.