A Aula Cemit de Ortigueira iniciará a súa programación de outono con cursos de alfabetización dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

A Aula Cemit de Ortigueira acaba de avanzar a programación de actividades deste outono. O telecentro iniciará en outubro ata media ducia de cursos de alfabetización dixital, destinados a familiarizar co mundo da informática e Internet públicos de distintas idades.

O primeiro avance da oferta educativa do curso 2013-2014 incluirá dous talleres destinados a facilitar ao público infantil as súas primeiras nocións de informática e un sobre internet dirixido especificamente a maiores. A estes, sumaranse outros tres cursos de nivel básico, abertas a novos e adultos. Todos terán lugar dous días por semana e prolongaranse durante os meses de outubro e novembro.

O catálogo de actividades que, como de costume, serán gratuítas inclúe, segundo detallan dende a Aula Cemit de Ortigueira: “Informática para niñ@s entre 8 e 12 anos” (dous grupos, segundo idade); “Busca de información en Internet para maiores”; “Mecanografía”, “Iniciación á informática” e finalmente, “Folla de Cálculo”, centrado en proporcionar os coñecementos elementais para manexar este aplicación do Open Office.

As persoas interesadas en inscribirse situada no antigo centro de saúde, a través da páxina web https://cemit.xunta.es ou do correo electrónico cemit.ortigueira@xunta.es ou ben chamando o 981402543.

6 de setembro de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.