A asociación Vieiro impartirá por noveno ano un programa de habilidades sociais nos ceips de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+

A ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO, dentro do PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR pon a disposición por 9º ano consecutivo dos C.E.I.P.S de Carballo: A CRISTINA, SAN LUIS ROMEIRO, FOGAR, BERGANTIÑOS, GANDARA-SOFAN, NETOMA-RAZO, CANA-RUS e ARTAI o programa HABILIDADES SOCIAIS (Construíndo Saúde), elaborado polo Departamento de Psicoloxía Clínica da Facultade de Psicoloxía de Santiago e destinado a 479 alumnos entre 10 e 12 anos comprendidos nos cursos 5º e 6º de EDUCACION PRIMARIA, sendo as clases dunha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 3 meses. O curso iniciaríase o próximo día 7 de Outubro de 2013 e será impartido por Psicólogas colaboradoras dende hai anos con Vieiro.

O programa dirixido a alumnos dos citados centros formúlase como obxectivo principal o desenvolvemento de Habilidades Sociais de Vida onde se traballa a través de talleres: a auto imaxe, resistencia á presión de grupo, como afrontar a ira e a ansiedade, como enfrontarse aos problemas de forma non agresiva, manexar situacións sociais, tomar decisións positivas, dicir non ao tabaco e ao alcohol, destacando así mesmo as seguintes materias:

CONTROL EMOCIONAL – AUTOESTIMA
PRESION DE GRUPO – TOMA DE DECISIONS
TABACO – ALCOHOL
NOVAS TECNOLOXIAS

A Asociación Vieiro quere insistir neste interesante programa debido á gran problemática que existe entre os mozos por inxestión de alcohol a temperá idade, así como saber rexeitar no seu momento calquera decisión sobre consumo de drogas ilegais. É unha necesidade que a prevención a tempo logre que os posibles usuarios tanto do tabaco, alcohol ou outras drogas, saiban tanto as consecuencias que estas ocasionan coma a fórmula para poder rexeitar todo aquilo que lles prexudique.

A ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO, agradece a excelente disposición encontrada en todos estes CENTROS DE PRIMARIA, así como as facilidades dadas polos equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo un programa tan importante como o salientado e destinado a un colectivo de alto risco. Esperamos que o devandito programa nos poida mostrar os seus logros da aprendizaxe que están a levar os alumnos e sirvan para orientalos para unha mellor calidade de vida.

4 de setembro de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.