A asociación Vieiro desenrola un programa de atención a familias con fillos con problemas de conduta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+

Sabido é que hai unha serie de motivos que inducen os mozos a meterse no mundo das drogas. Entre eles podemos destacar os seguintes: baixa no rendemento escolar, cambio negativo de carácter, presión de grupo, expresar independencia desaxustes emocionais carencia de autoestima falta de información acerca dos perigos das drogas, ambiente desfavorable (crises familiares), escapar de situacións angustiosas, etc.

Dun tempo a esta parte obsérvase que xorde outro novo elemento que axuda notablemente a incorporarse ao mundo da drogadicción como son: OS PROBLEMAS DE CONDUTA.

Ante esta novidosa circunstancia, a Asociación Vieiro quere poñer a disposición das familias este programa que xa foi experimentado no ano 2012 con resultados moi satisfactorios.

Non debemos esquecer que moitos pais e nais, por non dicir todos, se formulan máis dunha vez se os seus fillos van ter problemas co alcohol e as drogas. Formúlanllo con coñecemento de causa, posto que o acceso a estas substancias é relativamente doado.

Hoxe en día a droga forma parte da nosa sociedade. Todos falamos algunha vez de drogas, comentamos que vemos a mozos fumando porros na rúa, ou facendo botellón, falamos dos problemas que teñen os profesores para enfrontarse a mozos que consumen e amiudar en torno aos institutos, coñecemos casos de accidentes de tráfico nos que morren pequenos que beberon demasiado. Sexa como sexa, as drogas están en boca de todos; este é un problema social que afecta cada vez a rapaces de idades mais temperás.

OBXECTIVOS: Modificar os factores de risco e de protección do ámbito familiar para previr nos adolescentes problemas de conduta mediante a mellora das habilidades educativas dos pais.

SESIÓNS: A través de distintas sesións traballamos habilidades como:

Comunicación, emocións, manexo da ira e a ansiedade, técnicas de relaxación, establecemento de límites e normas, resolución de conflitos, toma de decisións, habilidades de interacción social, empatía, saber facer eloxios, saber desculparse, saber dicir non, pedir axuda, realizar e aceptar críticas ou queixas sen enfado, poñerse de acordo (negociar), ocio e tempo libre.

Este programa de intervención familiar lévase a cabo na sede da Asociación Antidroga “Vieiro” sita na C/ Vázquez de Parga, n.º 119, Bloque 4º-Baixo Dta. de CARBALLO de forma individual con cada familia e que terá unha duración de 9 sesións dunha hora cada unha. O modo de solicitar este servizo, de carácter gratuíto é acudindo á entidade ou chamando ao teléfono 981756161 para concertar unha cita.

10 de setembro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.