A asociación nedense A Canteira organiza unha andaina nocturna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

A Asociación A Canteira, de Neda, organizará este sábado, 14 de setembro, unha andaina nocturna pola real vila. Principiará ás 22,30 horas e partirá da zona da Canteira, no Puntal. Dende alí, e en sentido circular, os participantes pasarán por diferentes puntos como Pazos ou Santa María. Non é a primeira vez que a asociación promove esta marcha, xa que neste 2013 cumpre o seu primeiro lustro de vida. Así mesmo, os promotores confían en igualar e mesmo superar as cifras do ano anterior, cando se congregaron máis de medio centenar de persoas.

A andaina está aberta á participación de veciños de todas as idades, xa que o seu nivel de dificultade é baixo. O percorrido consta de oito quilómetros e, ao remate, para repor forzas, a organización agasallará aos participantes con churros e chocolate. Non se precisa inscripción previa, basta con presentarse á hora e no lugar indicados. Iso si, é necesario portar linterna. Por último, agradecer a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Neda.

11 de setembro de 2013 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.