A Asociación de Amigos da Vía Prata peregrinará ao Santuario dos Milagros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Os membros da Asociación de Amigos Vía Prata – Camiño Mozárabe peregrinarán un ano máis ao Santuario dos Milagros con motivo das celebracións relixiosas que estes días teñen lugar en honor a esta Virxe.

A saída será o próximo sábado, 7 de setembro, dende a Alameda do Concello ás 5:45 da mañá. En Salgueiros o grupo deterase para almorzar e continuará despois ata o santuario, para chegar á misa das doce do mediodía. Ao finalizar a cerimonia terá lugar a habitual comida de confraternización que realizan os peregrinos da asociación para, a continuación, regresar en autobús a Ourense.

Esta entidade cultural quere invitar a todo aquel que estea interesado en acompañalos nesta andaina, sexa ou non membro da asociación. Para anotarse e poder participar poden poñerse en contacto con CEO (988 391 110).

4 de setembro de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.