A Asociación Cultural Saíñas de Xove organiza a IX Foliada Popular da Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalXove
A-
A+

Este sábado día 14 de setembro a Asociación Cultural Saiñas organiza como anos anteriores a Foliada Popular da Mariña, este será a súa IX edición.

As actividades programadas son as seguintes:

– As 13:00 pasacalles por Xove e sesión vermú amenizada polos gaiteiros da asociación.

– A partires das 17:30, xogos, gymkana,… para nenos e adolescentes

– As 21:00 cea popular a racion consiste en churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida por un prezo de 9€.

–  A partires das 22:30 aproximadamente comezará a foliada popular, pola que pasarán varios grupos que tocarán e cantarán música tradicional galega para animar a tódolos asistentes a bailar ó son dos mesmos.

Todas estas actividades realizaranse nunha carpa situada na praza do Concello.

13 de setembro de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.