publicidade hoxe

A Asociación Cultural Saiñas de Xove celebrou a Foliada Popular da Mariña con moita participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+
Foliada da Mariña en Xove

Foliada da Mariña en Xove

O pasado sábado 14 de setembro levouse a cabo a IX edición da Foliada Popular da Mariña organizada pola Asociación Cultural Saiñas de Xove, o igual que en edicións pasadas durante todo o día realizáronse diferentes actividades pasarrúas, gymkana recreativa por Xove.

Xa pola noite ás 21:30h, serviuse a cea para tódolos alí presentes, cada ración consistía en churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida.

A partires das 22:30 comezou a foliada na que participaron os grupos de “O son do Sor” do Barqueiro e “Medio Quiñón” de Burela, así como os diferentes grupos da Asociación Cultural Saiñas. Esta festa alargouse ata altas horas da madrugada.

Con esta actividade a Asociación Cultural Saiñas, remata as súas actividades do curso 2012-13.  A directiva da mesma xa está a traballar par organizar o próximo curso que comezará no mes de Outubro.

15 de setembro de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.