38 profesionais turísticos realizan talleres gratuítos sobre comercialización online e redes sociais para pemes
Un total de 38 empresarios e profesionais do sector turístico realizan dous obradoiros de comercialización online, marketing de contidos e utilización de redes sociais, para acercar a utilización destas ferramentas ás pemes. Estes talleres gratuítos desenvolveranse hoxe e mañá, entre as 15.00 e 20.00 horas, no Parador de Turismo de Ferrol. As xornadas están organizadas polo Concello de Ferrol e forman parte da acción promocional máis ampla que se levou a cabo este verán coa axencia de viaxes online Rumbo, englobada no convenio de colaboración entre a Administración local e a Deputación da Coruña para a mellora da competitividade turística.
Os cursos, que son de carácter práctico e personalizado, están dirixidos á sensibilización da necesidade de aplicar a comercialización online, a xeración de contidos, as redes sociais e as ferramentas gratuítas que ofrece internet. Así, a formación permitirá axudar ao empresario a implantar a cultura da promoción e comercialización dos seus produtos, o que fomentará a fidelización dos mesmos e conseguirá aumentar as ventas se o traballo se realiza correctamente. Ao fío disto, os talleres axudarán ao profesional a traballar os seguintes aspectos: identificación de entornos onde se move o cliente do século XXI; utilización de estratexias innovadoras de promoción para empresas con RS; fomentar a fidelización dos clientes; estratexia de marketing en RS e comercialización online; fomentar a colaboración entre outros sectores; pasar da promoción á venta; e coñecer como utilizar de maneira profesional e con enfoque empresarial as diferentes redes sociais e ferramentas de internet como Facebook, Twitter, Youtube, Slideshare, Issu, Pinterest…
Contido dos obradoiros
Así, durante a xornada de hoxe, os participantes nos obradoiros traballarán a creación de produtos turísticos e comercialización online que mellor se adapta aos clientes do século XXI. Entre os temas que se tratarán en dito curso se inclúen os seguintes contidos: introdución e evolución do viaxeiro do S. XXI; creación de produtos turísticos máis acordes coas tendencias actuais; da promoción do produto turístico á comercialización, evolución e novas tendencias da comercialización turística; xestión da reputación online; adaptación da marca e consellos para ter unha web na era das redes sociais; e introdución ás ferramentas de medios sociais -Facebook, Twitter, Youtube,…- na empresa para sacar o máximo proveito.
Por outra banda, os 38 participantes nos obradoiros realizarán mañá un taller enfocado ao marketing de contidos para as pymes e como dar a coñecer produtos en internet. O marketing de contidos estase consolidando como a estratexia de promoción e comercialización dos produtos nun mundo onde cada vez cobra menos importancia a publicidade tradicional. Así, este taller versará, entre outros temas, sobre: documentos na nube como ferramentas colaborativas; a importancia do contido no mundo transmedia; contido e posicionamento en buscadores do SEO tradicional ao SEO social; estratexia de contido, Stroytelling; xeradores de contido; tipos de contido para unha pyme (blogs-webs CMS, video marketing, videoscreencast, revista e presentacións online, códigos QR, podcast, fotomarketing…); ferramentas de publicación para pymes; e aplicacións de smartphones para xerar contido.











