21 bodegas daranse cita en Ferrol durante a segunda edición do Salón Cultura do Viño “Cataviño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, María del Carmen García Fraga, presentou esta mañá o II Salón Cultura do Viño “Cataviño”, que se celebrará este venres, día 13, no peirao de Curuxeiras en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:00 horas. A edil estivo acompañada polo asesor do evento, Fernando Reyes.

A responsable das políticas turísticas do Concello de Ferrol manifestou o seu desexo de que esta segunda edición “conte co mesmo éxito que a pasada e se consolide como cita inescusable dos amantes do viño en Galicia e no norte de España”. Así mesmo, lembrou que esta nova edición será “o colofón excepcional para pechar a campaña turística de verán na cidade”. O encontro vinícola pretende divulgar os bos caldos e que os asistentes teñan a ocasión de participar en degustacións. Un total de 21 adegas participarán no II Salón Cultura do Viño, no que “primará a calidade e non a cantidade”, segundo María del Carmen García. Bodegas con denominación de orixe galego, como Gran Bazán; centenarias de La Rioja; familiares como Codorniu ou a Dinastía Vivanco; con premios internacionais, como Valduero; ou bodegas arxentinas son algunhas das prestixiosas adegas que se acercarán este venres á cidade naval.

Como novidade da edición, Cataviño contará coa participación do bodegueiro ferrolán, Marcial Pita e a súa adega El Paraguas. Os tickets para a degustación de viños serán adquiridos na carpa de recepción o mesmo día da celebración do encontro. Este evento de degustación de viños está englobado dentro do convenio entre o Concello de Ferrol e a Deputación Provincial da Coruña para a dinamización do turismo na cidade.

Campaña turística de verán

A edil ferrolá tamén recordou que as visitas guiadas ao Arsenal Militar e Navantia, así como os paseos en lancha pola Ría de Ferrol finalizarán este domingo, día 15  de setembro. Sen embargo, o resto de puntos de interese turístico que conforman a Ruta da Construción Naval seguirán en funcionamento o resto do ano, ao igual que a visita guiada ao Arsenal que poderá realizarse todos os fines de semana do ano, coa pertinente reservada anticipada.

11 de setembro de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.