1.200 persoas reuníronse na Praza da Igrexa de Lalín para escoitar ás 16 formacións participantes na X Romaría Coral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal Portada
A-
A+
Actuación das agrupacións corais

Actuación das agrupacións corais

Unhas 1.200 persoas entre as 16 corais participantes e o público se deron cita esta tarde nunha Praza da Igrexa chea na X Romaría Coral. Estiveron presentes entre o público o alcalde José Crespo, a concelleira de Cultura María Álvarez e o edil de Obras, Camilo González Bodaño.

Ao remate do repertorio da Romaría que finalizou coa interpretación do Himno Galego de Pascual Veiga entregáronse diplomas a cada una das corais. María Álvarez fixo entrega desta distinción ao presidente da Coral da Golada mentres que Crespo aos directores das corais de Lalín e da Estrada.
 
Tamén houbo tres pezas que contaron coa interpretación conxunta da Banda de Música de Lalín a quen Álvarez agradeceu a súa colaboración.

8 de setembro de 2013 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.