publicidade hoxe

XX Carreira a pé Asociación Canle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaLocal
A-
A+

O vindeiro sábado 10, a partires das 17:00 hrs, en Mar de Lira (Lira-Carnota) a asociación Canle organizará un ano máis a Carreira a Pé de Lira, a edición número XX.

Organizase unha competición pensada para tod@s, con recorridos adaptados a todas as idades, dende a categoría prebenxamín ata Senior.

Non ten  outro obxetivo que facer pasar unha tarde entretida, e para iso conxugan deporte, música e comida tradicional.

A tarde comezará dando salida as primeiras carreiras a partires das 17:00 ata aproximadamente as 21:00-22:00, cando se prenderán as parrillas para comezar ca sardiñada, para finalmente rematar ca música tradicional da Liga Gaiteira Galega.

7 de agosto de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.