XVII regata de cruceiros Hotel Galatea-Oca Hotels en Portonovo

Cartel da regata
Portonovo acollerá a XVII regata de cruceiros Hotel Galatea – Oca Hotels, Trofeo Pescamar, nas categorías de Cruceiros ORC – Absolutos e A Dous.
A organización correrá a cargo do Club Náutico de Portonovo de acordo co Regulamento Internacional de Regatas da ISAF, contando coa colaboración do Club Náutico de Boiro e o patrocinio de Pescamar e Hotel Galatea-OCA Hotels.
A Regata celebrarase en augas das Rías de Pontevedra e Arosa, os días 24 e 25 de agosto de 2013. A regata Hotel Galatea-Oca Hotels – Trofeo Pescamar, está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Vela.
As inscricións, xunto coas fotocopias de certificados e licenzas, remitiranse por correo, mensaxería, fax ou correo electrónico a:
Rúa Rafael Picó 44 1º, Portonovo, Pontevedra.
Teléfono.: 986 72 32 66 Fax: 986 724 175
Correo Electrónico: nauticoportonovo@hotmail.com
A data límite de inscrición é o 22 de agosto ás 20:00 horas.
O programa do evento é o seguinte
Sábado 24 de agosto
Apertura Oficina de regatas ás 10:30 horas
Rexistro de participantes ata as 12:00 horas
Entrega de instrucións de regata ata as 12:00 horas
Reunión de Patróns ás 12:00 horas
1ª Proba:
Saída nas inmediacións do Club Náutico de Portonovo ás 13:00 horas (19 millas aprox.)
Chegada e pernoctación en Club Náutico de Boiro (Mariña deportiva Cabo de Cruz)
Domingo 25 de agosto
2ª Proba:
Saída das inmediacións do Club Náutico de Boiro ás 13:00 horas (19 millas aprox.)
Chegada fronte ao Porto Deportivo do Club Náutico de Portonovo.











