Xornada norturna de surf na celebración do XVIII aniversario de Parrulos Surf Club

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesDeportes PortadaLocalNigrán
A-
A+
Cartel xornada norturna de surf

Cartel xornada norturna de surf

Por motivo das condicións do mar, a xornada nocturna de surf, aprázase para o domingo 18 de agosto.

 

A praia de Patos acollerá o próximo domingo 18, unha xornada nocturna de surf, un evento único no sur de Galicia, que sumará á práctica do surf barbacoa, música, xogos e, sobre todo, moita diversión. Os responsables desta prometedora noite son o Parrulos Surf Club en colaboración co Concello de Nigrán, que celebrarán con esta orixinal actividade o seu XVIII aniversario.

O evento congregará deporte e espectáculo a partes iguais, unha actividade nunca vista no sur de Galicia baixo o nome de “Os parrulos surfean de noite”. A partir das 23.00 horas, os surfistas do Parrulos Surf Club entrarán á auga con traxes de neopreno ataviados con tubos luminosos de neon de cores moi rechamantes e unhas táboas especiais -só existen catro no mundo destas características- equipadas con luces de neon, cortesía da factoría PUKAS.

O resultado haberá que velo, pero todo apunta a que será un espectáculo visual inigualable, ao que hai que engadir a dificultade técnica de montar ondas coa visibilidade case nula da noite nigranense. En definitiva, un regalo para a vista tanto para os seguidores deste deporte coma para os afeccionados e o público en xeral.

Podedes ver un exemplo do que veremos o próximo mércores no seguinte enlace: http://www.antena3.com/videos-online/noticias/deportes/surf-nocturnoy-brillante_2011120100033.html.

Animación infantil

Ademais, o parque infantil de Praia América albergará mañá martes a partir das 20.30 horas unha nova sesión de animación infantil a cargo de Animarte.

12 de agosto de 2013 | 20:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.