XIII Regata de Outono clasificatoria das clases Vaurien e Cadete de vela para o equipo autonómico de Galicia
O CM de CANIDO organiza as ” COCA COLA CANIDO SERIES 2013″, coa colaboración das Secretarías Autonómicas das Clases Vaurien e Cadete, así como da Federación Galega de Vela. Este Evento está inmerso na programación da SEMANA NOVAGALICIA BANCO, e está considerado como clasificatorio para o Equipo Autonómico de Galicia das Clases Vaurien e Cadete.
1.LUGAR
Terá lugar entre os días 21 e 22 de setembro de 2013 na Ría de Vigo. CM DE CANIDO, Peirao de Canido s/n, 36390 Canido-Vigo vela@cmcanido.com; Tel 986 460 684; Fax 986 460 262 Toda a información desta Regata, así como do resto dos Eventos da Semana, pode
seguirse en: www.semanadelatlantico.com
2.PARTICIPACIÓN
Esta Regata está reservada ás embarcacións das clases VAURIEN Y CADETE.
3.REGRAS APLICABLES
a) Regulamento de Regatas a Vela (2013-2016)
b) As Prescricións da RFEV.
c) As Regras da Clases Vaurien e Cadete
d) As Instrucións de Regata.
e) O Anuncio de Regata.
4.ELEXIBILIDADE
4.1 Os participantes deben cumprir as condicións de elixibilidade reflectidas no Apéndice 2, regulamentación 19 do do RRV e nas prescricións da RFEV, a este Apéndice.
4.2 Os participantes deben ser membros dalgunha das clases VAURIEN Y CADETE e estar en
posesión da tarxeta das devanditas clases.
5.PUBLICIDADE
5.1 Os participantes poderán exibir publicidade individual clasificada como de de Categoria C de acordo coa regulamentación 20 da ISAF e as prescricións da rfev á devandita regulamentación
5.2 Esixirase aos participantes a exhibición de publicidade conforme ao apartado 20.3 (d)(i) da Regulamentación 20 da ISAF.
6.INSCRICIÓNS
6.1 Poderán participar nesta Regata aqueles barcos, cuxo tripulante teña nacionalidade e residencia legal na Comunidade Autónoma de Galicia.
6.2 A FGV, resérvase o dereito de admitir a participación de tripulacións do resto das Comunidades Autónomas ou estranxeiros, logo de solicitude e de acordo coas secretarías das clases.
6.3 As Pre-Inscrición remitirase ao Club Marítimo de Canido, ou poderanse realizar na web da Semana citada anteriormente.
6.4 A data límite de Pre-Inscrición é o día 20 de Setembro do 2013.
6.5 O Comité Organizador resérvase o dereito de admitir inscricións que se reciban despois desta data.
6.6 O Comité Organizador poderá esixir a presentación de documentos que xustifiquen os datos do boletín de Inscrición.
7.REXISTRO DE PARTICIPANTES
7.1 Cada Tripulante deberá rexistrarse e asinar persoalmente o formulario de rexistro na Oficina de Regata antes das 12.30 horas do día 21 de Setembro 2013
7.2 O rexistro queda condicionado á presentación, antes da hora sinalada, dos seguintes documentos:
a) Certificado válido de medición do barco, a nome do actual propietario.
b) Licenza federativa expedida pola FGV do ano en curso.
c) Tarxeta da clase 2013 para as clases VAURIEN Y CADETE
8. PROGRAMA
8.1 O programa é o seguinte:
21 de Setembro 14.00 horas: Atención 1ª Proba
2ª e 3ª a continuación de finalizada a anterior 22 de Setembro 12.00 horas Atención 4ª Proba
5ª e 6ª a continuación de finalizada a anterior
* Entrega de Trofeos unha vez realizadas as clasificacións, no CM de Canido
9.PUNTUACIÓN
Aplicarase o Apendice A e o sistema de puntuación Baixa, descrito na regra A4.1 do RRV
10.SELECCIÓN
Esta Regata será puntuable para a formación dos equipos autonómicos das clases VAURIEN e CADETE
11.PREMIOS
11.1 Haberá Trofeos para os primeiros clasificados en CADETE e na CLASE VAURIEN en absoluto e 1º xuvenil. De todos os xeitos antes do comezo da Regata publicarase unha lista oficial de premios no TOA.
11.2 Proporcionaranse bolsas de comida aos participantes e a adestradores o domingo.
11.3 Á chegada dos barcos a terra ofrecerase unha merenda, xentileza de NUTREXPA.
11.4 Entregaranse un obsequio a todos os participantes, debidamente inscritos e aceptados.
12.RESPONSABILIDADE
Os participantes na Regata fano baixo o seu propio risco e responsabilidade O Comité Organizador ou calquera persoa ou organismo involucrado na organización do evento, rexeitan responsabilidade algunha por perdidas, danos, lesións ou molestias que puidesen acaecer a persoas ou cousas, tanto en terra coma en mar, como consecuencia da participación nas probas amparadas por estas Anuncio de Regata. Chámase a atención sobre a Regra Fundamental 4, Decisión de Regatear, da parte 1 do RRV, que establece: “É da exclusiva responsabilidade dun barco decidir se participa nunha proba ou se continúa en regata”.
13.ALOXAMENTOS
A Organización está a negociar as mellores condicións de aloxamento para os participantes e acompañantes. O Director de Regata, Emilio Méndez (correo electrónico vela@cmcanido.com) dará a información ao respecto.











