Xeira Marítima “Naufraxios na Ría de Baiona” coa guía de Xosé Lois Vilar e Quico Cadaval

Unha das xeiras
O vindeiro martes 20 de agosto terá lugar unha nova Xeira Marítima do IEM pola costa do Val Miñor, na que contaremos coa participación de dous coñecidos persoeiros: o arqueólogo Xosé Lois Vilar e o actor e contacontos Quico Cadaval. Ambos os dous serán os encargados de achegarnos as historias, contos e lendas que nacen destas ribeiras e a nosa ría, especialmente as relacionadas aos naufraxios que dende tempos remotos tiveron lugar na bisbarra. O punto de encontro será no porto de Baiona ás 20 horas e a participación está suxeita a unha inscrición previa.
Para asistir á Xeira Marítima é preciso abonar previamente a viaxe. No concepto da transferencia debe figurar a palabra BARCO, mais os nomes dos viaxeiros, así como engadir se viaxan menores de 3 anos e a cantidade. Para facilitar a identificación dos participantes é conveniente unha vez feito o depósito, achegar ao correo oficina@minhor.org, unha copia do mesmo.
Prezos: Menores de 3 anos, de balde; 3-10 anos: 10 €; maiores de 10 anos: 15 €.
Pode informarse no teléfono (680644490) ou na sede do IEM (Avda da Feira Nº10, baixo, Gondomar) de luns a venres de 18 a 22 horas.











