Welikings, as Pandereteiras As Mainas e a Banda de Gaitas Os Coribantes actuarán o domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+
Música de calidade en Ponte Caldelas

Música de calidade en Ponte Caldelas

O espectáculo sonoro “Noites de Son” é a principal aposta musical do programa festivo da Festa das Dores de Ponte Caldelas para a tarde-noite do domingo. Este concerto, que comezará ás 20 horas na Alameda, estará protagonizado cun estilo moi persoal polos Welikings, as Pandereteiras As Maianas e a Banda de Gaitas Os Coribantes.

Os Welikings son unha agrupación musical cunha dilatada experiencia formada por músicos do talle do guitarrista Miguel Seoane e que lideran a nova música pop ao estilo arxentino con letras e composicións da súa propia autoría que revolucionan o panorama musical do momento. Non en van esta banda foi recentemente entrante do espectáculo que ofreceu a cadea 40 Principais en Vigo.

Así mesmo, esta agrupación exhibe unha magnífica execución musical nas súas intervencións tendo tamén unha grande habilidade para versionar temas clásicos, en especial dos míticos The Beattles. O seu cantante goza dunhas atribucións vocais que fan da súa interpretación un espectáculo inesquecible digno de ser contemplado.

Pola súa banda as Pandereteiras As Maianas son unha agrupación musical tradicional que souberon incorporar instrumentos e voces ao son das pandeiretas. Non é raro encontrar nas súas intervencións a incorporación de guitarras ou mesmo o piano. O seu carácter innovador conquistou o oído da audiencia da Radio Galega que, non hai moito lles concedeu un importante premio a través do voto recibido durante un ano polo público do ente radiofónico galego no programa “Vas sacar nota”.

Finalmente, pecharán este concerto Os Coribantes de Buchabade, unha agrupación con raíces en ponte Caldelas e que está a causar verdadeira admiración non só no panorama galego senón nacional a través das súas intervencións en festivais por toda a xeografía galega aos que son invitados.

Para esta ocasión, Os Coribantes modificarán o seu habitual repertorio, máis bailable, cara a outro onde a música en sentido melódico e concertista alcance especial protagonismo. O elenco de composicións escollido para a ocasión será para gozar sentado, con incorporación de instrumentos tradicionais galegos en perfecta harmonía e maridaxe con saxos, trompetas e elementos de percusión facendo deste concerto unha experiencia inesquecible.

PROGRAMA FESTIVO DO SABADO

Por outra parte, sinalar que o programa festivo para o sábado comeza as 12 da mañá cun pasacalles a cargo da Banda de Música de Mondariz para a continuación, sobre as 13:30 horas, dea comezo o concerto da citada agrupación musical na Alameda de ponte Caldelas.

Xa pola tarde, a partir das 20 horas, terá lugar a procesión saíndo dende a Capela da Sagrada Familia para, a continuación, celebrarse a Misa Solemne cantada pola Coral Vadarrosa de ponte Caldelas.

Ás 20:30 horas, comezará na Alameda o Festival Folclórico a cargo da Banda de Gaitas Os Coribantes e o Grupo Tradicións de Yuncler (Toledo). Finalizará o programa festivo do sábado coa verbena amenizada polas orquestras Compostela e Cosmos.

PROGRAMA DO DOMINGO

Continuarán as Festas das Dores o domingo ás 12 da mañá cun pasacalles a cargo da Banda de Música de Salcedo con concerto ás 13:30 horas na Alameda. Así mesmo, ás 20 horas terá lugar o concerto “Noites de Son”, coa actuación de Welikings, as Pandereteiras As Maianas e a Banda de Gaitas Os Coribantes.

Ás 23 horas comezará a verbena a cargo da orquestra Alcotán, na Alameda e ás 24 horas intervirá ISI, o popular actor cómico da Televisión de Galicia, gañador do concurso O Rei dá Comedia.

24 de agosto de 2013 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.