Visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

O vindeiro venres 9 de agosto terá lugar unha nova Xeira de arte rupestre no Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (Tomiño). A actividade dará comezo ás 22:30 horas na casa do Concello de Tomiño, onde terá lugar un coloquio sobre petróglifos a cargo do subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar.

Posteriormente os participantes poderán visitar o Monte Tetón, nun percorrido que rematará na estación “As Portaxes”, na que se atopa o maior gravado de círculos concéntricos coñecido así como unha importante escolma de representacións esquemáticas e naturalistas.

A actividade está organizada polo IEM e o Concello de Tomiño.

8 de agosto de 2013 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.