Visita guiada nocturna polo Tui das lendas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

Este venres 30 de agosto terá lugar a visita guiada nocturna  Tui das lendas, sendo ésta a última actividade pertencente ao  programa Andainas/ Trilhos e Visitas guiadas nocturnas na Eurocidade 2013.

Nesta visita se realizará un percorrido polas lendas da cidade que define unha parte do noso patrimonio cultural neste caso de caracter inmaterial como é o caso das numerosas lendas e tradicións orais que se conservan polos tudenses. Paseando por diversos enclaves do conxunto histórica do conxunto histórico de Tui se rememoraran diversas lendas coma o pasadizo que comunica Tui e Valença, a fundación de Tui, o Monte Medulio, etc.

 A cita será ás 22:00h no adro norte da Catedral de Santa María , Praza do Concello.

Pechase así esta nova edición do programa da Eurocidade Tui – Valença de visitas nocturnas ao patrimonio cultural cun resultado positivo en cuanto ao número de asistentes nestas actividades de lecer, que chegan a superar as 200 persoas que asisten a cada visita.

27 de agosto de 2013 | 22:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.