Vilagarcía reabre o prazo de inscrición da X Carreira Nocturna que se celebrará o día 7 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Fundación de Deportes volver a abrir o prazo de inscrición para participar na X Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía que se aprazou no mes de xullo en sinal do loito decretado tras o accidente ferroviario de Angrois. A proba celebrarase o sábado, 7 de setembro e como sempre poderán participar nenos e nenas e adultos sen límite de idade. A Carreira Nocturna volverá a ser toda unha festa deportiva que culminará coa entrega de premios e agasallos para os vencedores nas 9 categorías de competición.

As inscricións para os nenos e nenas nados no ano 1996 e posteriores (que comprende das categorías A á F) poderán realizarse ata o 5 de setembro nas oficinas da Fundación de Deportes, sitas no Concello e a cota é de balde. Para estas categorías, tamén haberá se inscrición o día da Carreira na explanada do Auditorio ata 45 minutos antes do inicio da proba. Os corredores que desexen competir nas categorías absolutas (da G á I) terán que anotarse a través da web http://www.campionchipnorte.com ata as 22:00 horas do día 5 de setembro e deberán abonar unha cota de 5 euros.

Dende a Fundación de Deportes informan de que os corredores que xa se tiñan anotado no mes de xullo (uns 180) e que non se deron de baixa con posterioridade, non terán que renovar a súa inscrición, que mantén a súa validez.

A X Carreira Nocturna sairá da explanada do Auditorio, dende onde parten os diferentes percorridos deseñados para as nove categorías masculinas e femininas existentes.Os corredores terán que completar un percorrido acorde coa idade dos participantes de cada categoría e que van dende os 100 e 150 metros para a categoría A (para nenos nados no ano 2006 e posteriores), ata os 8.000 metros que deberán correr os participantes nas categorías absolutas. Os itinerarios configuráronse entre o Parque Miguel Hernández e as rúas Rivero de Aguilar, Elpidio Villaverde, Avenida da Mariña e Valle Inclán, dependendo da lonxitude de cada unha.

As saídas iranse realizando de xeito escalonado por categorías, así como tamén as entregas de premios e trofeos. Así, o pistoletazo da Carreira Nocturna darase ás 20:30 horas para as categorías dos máis cativos. E a festa rematará coa entrega de premios (diplomas, trofeos e premios en metálico en función das categorías e para as modalidades masculina e feminina).

28 de agosto de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.