Vigo seguirá “ao minuto” os éxitos das novas incoporacións ao equipo Movistar Vela

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero finalizou o acto de presentación das deportistas Tamara Echegoyen e Berta Betanzos que se incorporan ao equipo Movistar de Vela explicando que para “min é unha satisfacción estar aquí neste club que tantos e tantas campeones viu nacer”. Na súa opinión, a incorporación de Tamara e Berta a un grande equipo como este é a mestura perfecta entre a capacidade de xerar dunha empresa como Movistar unido á capacidade de dúas campionas como elas de crear un estímulo para tantos e tantos rapaces. “Vigo os vai seguir ao minuto”, augurou.

Movistar ven de incorporar ao seu equipo a unha nova tripulación española no camiño dos xogos olímpicos de Río 2016. Tamara Echegoyen é medalla de ouro en Match Race en Londres 2012 e Berta Betanzos, campiona mundial de 470, únense a un novo proxecto olímpico a bordo do 49er Fx.

Neste acto tamén participaron Viviana García, presidenta do Real Club Náutico de Vigo; Pedro Campos, director do Equipo Movistar de vela; Rafael Blanco, director de PYMES Norte de Telefónica e Fernando Echávarri, campeón olímpico en Pekín 2008 e membro tamén do equipo que dirixe Campos.

9 de agosto de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.