Viaxe cultural a Puebla de Sanabria e Chaves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralLocal
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral, organiza dunha viaxe cultural polo sur da provincia de Ourense, Puebla de Sanabria e Chaves, prevista para os días 12 e 13 de outubro.

Durante a excursión os participantes poderán visitar as localidades de Allariz, Verín, Chaves (Portugal) e Puebla de Sanabria, na provincia de Zamora. Tamén está prevista a visita ao lago de Sanabria, no que se gozará dun percorrido en catamarán.

O prezo da viaxe é de 125 € por persoa, e inclúe aloxamento en habitación dobre en hotel de tres estrelas en réxime de pensión completa, a ruta en catamarán e o transporte.

Para máis información, as persoas interesadas deben dirixirse á Casa da Cultura de Carral (tel. 981 672 580). As inscricións hainas que realizar antes do 20 de setembro.

22 de agosto de 2013 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.