publicidade hoxe

Valdoviño acolle o campionato internacional de Surf Pantín Classic Galicia Pro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalValdoviño
A-
A+
Lete Lasa cos cativos participantes

Lete Lasa cos cativos participantes

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou estar tarde o Pantín Classic Galicia Pro para coñecer de primeira man como se está desenvolvendo o Campionato e todas as actividades complementarias, entre as que destacan os bautismos de surf ‘Galicia Saudable’.

José Ramón Lete puido compartir experiencias cos profesionais que están competindo no Campionato así como cos rapaces participantes nos bautismos de surf gratuítos que a organización está desenvolvendo en colaboración coa Xunta de Galicia ao abeiro do Plan Galicia Saudable. Estes bautismos de surf ‘Galicia Saudable’ estanse impartindo na Praia de Pantín durante toda esta semana, poñendo a disposición un total de 150 prazas, e que teñen como obxectivo achegar este deporte á poboación e fomentar unha práctica de actividade física saudable.

Hai que salientar que O Pantín Classic Galicia Pro é o único campionato mundial -exceptuando os Pro Junio- que se celebrará en augas españolas.

29 de agosto de 2013 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.