Uns trinta veciños da Laracha practicaron ráfting no río Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Participantes na actividade

Participantes na actividade

As actividades incluídas no programa de verán deseñado pola concellería de cultura e deportes da Laracha e que se vén desenvolvendo desde o inicio do mes de xullo continúa rexistrando destacados éxitos de participación.

Na xornada de onte levouse a cabo unha saída ao municipio de Padrón para practicar ráfting no río Ulla, unha divertida modalidade deportiva na que participaron unha trintena de laracheses.

Mañá xoves porase o punto e final á programación municipal de verán co cursillo de surf que terá lugar na praia de Caión e que será impartido polo club Caión na Onda. Están inscritos 22 nenos maiores de oito anos de idade. A actividade desenvolverase de 10.00 a 13.30 horas.

28 de agosto de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.