Unhas 400 persoas gozan da boa música na XIV Xuntanza de Bandas do Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+
Instante dun dos concertos

Instante dun dos concertos

A Alameda de Ordes foi punto de encontro na tarde do domingo para os amantes da boa música. Máis de 400 persoas desfrutaron coa XIV Xuntanza de Bandas Concello de Ordes, que nesta ocasió contou coas actuacións da Banda de Música de Ordes e da Banda de Música de Boiro.

Instantes previos a que as formacións ocuparan o seu lugara no escenario, percorreron as principais rúa nun pasarrúas que anunciaba o que instantes posteriores se ofrecería na Alameda ao longo das seguintes dúas horas.

No caso dos boirenses, con Juan Lois Diéguez á batuta,  interpretaron as pezas Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley (Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var der Roost). Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad Losada, o seu repertorio estivo composto por Calpe (Fernando Penella), Rapsodia Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura Selección (Arr. Fernando Gontad) e A noite do Santo Cristo (H. Cambeses).

Ao finalizar o acto os concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias foron os encargados de entregar unha placa conmemorativa desta nova edición, dunha xuntanza que xa case é tradición no municipio e que se prolongou ao longo de dúas horas.

5 de agosto de 2013 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.