Unha decena de enxeñeiros industriais da Coruña reciben o seu bautismo de mergullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Participantes na actividade

Participantes na actividade

Unha decena de enxeñeiros industriais da Coruña recibiu este fin de semana o seu bautismo de mergullo nas augas da ría coruñesa. Trátase dunha actividade organizada pola Delegación herculina do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia para fomentar a camaradaría entre os seus colexiados.

A actividade tivo unha duración de aproximadamente 4 horas. Tras unha charla previa dos instrutores da Escuela de Buceo Nauga, que os informaron das técnicas apropiadas para desenvolverse no mundo subacuático, os colexiados coruñeses trasladáronse en barco ata o punto de inmersión, situado na ría coruñesa. O bo tempo e un mar en calma permitiron que os participantes gozasen aínda máis da actividade.

20 de agosto de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.