Un gran éxito de convocatoria na I Festa das Asociacións de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+
Instante da saída

Instante da saída

Exitoso fin de semana na I Festa das Asociacións de Tomiño, evento organizado por ADETO, quen quere agradecer de forma pública a todos os participantes e colaboradores deste exitoso evento sin precedentes en Tomiño.

ADETO quere agradecer a todos os comerciantes, hosteleria, organismos públicos, empresas privadas, asociacións sin ánimo de lucro, treboadas, grupos de gaitas, artesáns, escultures, pintores, e sobre todo as persoas físicas que axudaron a lograr que este fin de semana do 3 e 4 de agosto sexa recordado como un éxito de e para Tomiño.

Sería unha longa lista de persoas a quen temos que agradecer a súa colaboración de forma desinteresada, que xuntos lograron que Tomiñeses e Tomiñesas e os que nos visitaron durante este fin de semana teñan de Tomiño unha grata estampa, entre estas persoas nomear a Paco Santos, presentador da TVG, Lorena Mantilla, médica, Loreto Rodriguez, fotografa, Carlos Fierro, Artista, a Arco Baixo Miño, a o Club de Atletismo Thermalia Tui nas persoas de Emilio Pazo e o seu presidente, Rafael Perez, A José Quintero e a todos os que colaboraron na I Carreira Popular de Tomiño, unha lista de persoas, que de forma desinteresada lograron que o éxito fose doado de alcanzar.

Agradecer de unha forma moi especial a Dona Susana Rodriguez Gacio, Campiona do Mundo de triatlón Paralímpico e a súa acompañante, Dona Aida Valiño Gomez que foi 2ª na Copa de Africa Sprint de Larache (Marrocos) e varios podiums no circuito B Dream Promaster de triatlón

Tamén a unha longa lista de empresas privadas que contribuiron a este éxito, como por exemplo Cocacola, Jesús Fotógrafo, Ambulancias Baixo Miño, Festa a Esgalla, RMTui, medios de prensa escritos e dixitais e Ludoteca Xoañiñas.

Tamén os artistas “Rey Midas” e Erick Feles e Fran Estevez

Destacar a labor do Concello de Tomiño, a Policía local e Protección Civil.

A todos eles, e a moitos outros que quedan atrás, xa que é unha longa lista a nomear de forma explicita, ADETO, que é quen organizou todos os eventos, dalle as grazas a todos eles.

5 de agosto de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.