publicidade hoxe

Un cento de afeccionados participaron no percorrido en bicicleta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVedra
A-
A+
Vedra vólcase coa Volta Ciclista

Vedra vólcase coa Volta Ciclista

Dentro de programa de actividades que o concello de Vedra está a desenvolver para promocionar a “ Vuelta Ciclista a España 2013”, que neste ano, e por primeira vez na historia, pasa polo interior do concello de Vedra, organizouse a Ruta Cicloturística “ Vedra coa Volta”.

Esta actividade desenvolveuse o pasado sábado e nela participaron un cento de afeccionados ao mundo da bicicleta. A saída foi ás 10 da mañá dende o campo da festa da parroquia de Trobe e os participantes percorreron o traxecto que van a realizar os corredores da volta ao seu paso por Vedra o vindeiro martes día 27 de agosto. Concretamente pasarán polas parroquias de Trobe, Vedra, San Andrés de Illobre e San Fins de Sales. Será dentro da 4ª etapa da volta coñecida pola do Fin do Camiño que transcorre entre Lalín e Fisterra.

Dende o concello anímase aos veciños e veciñas  de Vedra a gozar deste acontecemento deportivo.

20 de agosto de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.