Últimos días para anotarse no curso de comercio internacional para persoas en situación de desemprego
A Concellería de Xuventude e Voluntariado informa de que o vindeiro venres, 9 de agosto, remata o prazo para inscribirse no curso de comercio internacional para mozos en situación de desemprego. A actividade formativa organizada polo departamento que dirixe Francisco González é gratuíta e comezará a impartirse o 19 de agosto combinando sesións presenciais no Auditorio con teleformación (on line). O curso está homologado polo Igape.
O curso de comercio internacional está dirixido a mozos e mozas desempregados con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. A asistencia é gratuíta e ofértanse 25 prazas. Os requisitos para participar son estar empadroados en Vilagarcía e dispor coa titulación mínima de Bacharelato, Ciclo Medio ou equivalente. Os diplomados ou licenciados pasarán a formar parte da bolsa de emprego do Igape.
As inscricións pódense facer ata o venres 9 de agosto (incluído) no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14.30 horas. A lista de admitidos publicarase o día 13 e a formación comezará o día 19. O curso consta dunha duración de 150 horas lectivas que se dividirán en tres sesións presenciais a celebrar na sala de conferencias do Auditorio o 19 de agosto de 11 a 12 horas; o 4 de setembro de 10 a 14 horas e o 15 de outubro de 10 a 13.30. Estas sesións complementaranse intercalándoa con teleformación on line.
O formulario de inscrición e as bases do curso pódense consultar non taboleiro de anuncios da web municipal no apartado de “formularios de inscrición”.











