Últimas xornadas do Curso Universitario Internacional Música en Compostela

Participantes no Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela
120 alumnos e alumnas de 30 nacionalidades están participando nesta edición do Curso. A esta heteroxeneidade de procedencias se referiu no seu discurso Franscisco Noya, poñéndoa en relación coa peregrinación a Compostela. A todos os participantes, o edil expresoulles o orgullo de telos na cidade e o desexo de que teñan unha feliz estanza en Compostela.
Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Alumnos de diversos países do mundo acoden cada verán a estas prestixiosas xornadas.











