Tui estrea páxina oficial do municipio en facebook

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

O Concello de Tui inicia un novo proxecto na rede social Facebook co obxectivo de aproveitar as vantaxes de accesibilidade deste medio para achegar así toda a información do municipio a todos os sectores da cidadanía, familiarizados no uso desta rede.

O Alcalde tudense abre está páxina cun saúdo aos seguidores desta rede social “Nos tempos que corren Internet converteuse nunha ferramenta de información indispensábel, permitindo unha comunicación case instantánea e de fácil acceso para a maioría da poboación. Por isto, decidimos aproveitar as vantaxes das redes sociais e facilitar aos cidadáns o acceso á información do Concello a través desta páxina en Facebook”.

A páxina, baixo o enderezo www.facebook.com/concellodetui,  con tan só dous días de actividade conta xa con máis de 180 seguidores, que poderán manterse informados de todas as novas administrativas, turísticas e culturais do Concello constantemente actualizadas.

23 de agosto de 2013 | 14:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.