Trives inicia un programa de redución do abandono escolar
O Concello de A Pobra de Trives ven de Organizar unha serie de actividade encadradas no Programa de reducción do abandono escolar e cofinanciadas polo propio Concello, o Fondo Social Europeo, o MECD e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O programa céntrase en tres liñas de actuación.
A primeira delas, consitirá nunha ESCOLA DE VERÁN, dirixido a alumnos da ESO e Bacherelato para preparar a recuperación de materias de cara a setembro. Asemade, e dirixido tamén a alumnos da ESO e Bacherelato, daranse clases de reforzó en competencias básicas así como técnicas e hábitos saudables e eficaces no estudo. A escola será 100% gratuíta e o horario flexible en quendas de mañá, tarde e noite.
A segunda, e baixo o título de A POLA ESO será dirixida a maiores de dezaoito anos que non tiveran obtido o título da ESO, no que se prepararían para superar o exame no mes de setembro. O curso será 100% gratuito e o horario flexible en quendas de mañá, tarde e noite.
A terceira será o denominado EMOTIVE CAMPS, un campamento de inglés, que se desenrolará realizando actividades de escalada, cabalos, tiro con arco, orientación na montaña, piscina, parque aventura, etc. O campamento será igualmente gratuíto 100%, e vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos.