Trasládase o pleno ordinario de agosto á primeira semana de setembro
A xunta de voceiros decidiu esta mañá pospoñer a celebración do Pleno ordinario de agosto para deixar marxe a que conclúan os actos festivos de San Roque e remate o período vacacional. Por unanimidade dos grupos da Corporación decidiuse que a sesión que, segundo o calendario de sesións, tería que celebrarse o luns 26 de agosto, pasará a desenvolverse a primeira semana de setembro. A data fixada é a do xoves, 5 de setembro, á hora habitual das cinco da tarde.
Os voceiros dos grupos da oposición tamén pecharon o calendario previo ao pleno, para a celebración das sesións informativas.











