Tranquilidade aos bañistas ante a aparición de peixes mortos na Praia do Torno
O Concello de Cervo informa de que os peixes mortos aparecidos hoxe na Praia do Torno de San Ciprián foron botados ao mar por unha embarcación, descartándose por completo calquera posibilidade de contaminación da auga. Os servizos municipais de limpeza procederon xa á súa retirada. Ao mesmo tempo, o Concello quere transmitir una mensaxe de tranquilidade aos bañistas e manifestar que as condicións da auga seguen sendo óptimas para o baño.











