Torneo de baloncestos 3×3 Catedral de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalTui
A-
A+
Baloncesto 3x3

Baloncesto 3×3

O próximo sábado 24 de agosto de 2013 terá lugar o II Torneo 3 x 3 Catedral de Tui. Desenvolverase no incomparable marco da praza de San Fernando, diante da Catedral.

O torneo contará con tres categorías:

– Sub 12. Ata 12 anos (nacidos entre 2001-2005) – 30 € por equipo.
– Sub 16. Ata 16 anos (nacidos entre 1997-2000) – 30 € por equipo.
– Sénior. Ata 99 anos. – 40 € por equipo.

Cada equipo terá un máximo de 4 xogadores e por cada categoría só inscribiremos a 10 equipos.

Só se concederán premios aos gañadores de cada categoría:

Campión SUB 12: Material deportivo de Litosport
Campión SUB 16: Material deportivo de Jugones Club
Campión SÉNIOR: 200 €

Recordar que o torneo comezará ás 11:00h do sábado pero os equipos teñen que presentarse ás 10.30 h na praza de San Fernando para recoller toda a información.

A inscrición aboarase na conta bancaria da SOCIEDADE DEPORTIVA TUI (Club Baloncesto Tui), ao ingresar facer constar o nome do equipo e o do capitán/a, despois enviádenos o xustificante de pagamento ao correo electrónico clubbaloncestodetui@gmail.com

A data límite para inscribirse será o xoves 22 de agosto pero no momento que cheguemos ao máximo de 10 equipos por categoría iremos pechando as inscricións.

Moi importante, primeiro facer a inscrición on-line e antes de pagar no banco confirmar que tedes praza no tlf. 629 802 996.

E recordarvos que tamén daremos información nos próximos días na nosa páxina de facebook Club Baloncesto Tui.

16 de agosto de 2013 | 00:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.