Tonhito de Poi, A Roda e Virandeira entre as actuacións culturais para este fin de semana en Gondomar
O Concello de Gondomar continúa coas actividades culturais para a época estival. Desde a Concellaría de Cultura se programa para este venres, día 9, outra noite na Praza da Alameda con Virandeira en concerto ás 22.30 horas. Tonhito de Poi será o encargado de poñer punto e final á noite, co seu último disco O soro da verdade.
O sábado 10, ás 22.30 horas, A Roda visitará Gondomar con Na Memoria.
Como cada domingo, a Praza Paradela acollerá, desde as 12.30 horas, a actuación da Banda de Gaitas Balcón do Val Miñor xunto ao grupo Ecos e Agarimos.
Semana cultural en Morgadáns
Morgadáns vivirá a súa semana cultural os días 12, 13 e 14 de agosto. Abrirá a programación o luns 12, ás 22.00 horas, unha xornada de teatro coa peza A vida da tía Lambida. O martes 13, será a quenda para a música coa actuación do Coro da Agrupación Musical de Vincios, ás 22.00 horas. Finaliza esta semana cultural, a proxección Engurras, o mércores 14 ás 22.30 horas.











