Todo preparado para a LI Festa do Pulpo do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O próximo domingo 11 de agosto o Parque Municipal do Carballiño acollerá a LI edición da Festa do Pulpo, declarada de interese turístico nacional e considerada unha das maiores romaxes gastronómicas de Galicia.

Para a celebración desta festa, como cada ano, o traballo intensificouse nos últimos días, co fin de telo todo preparado para esta cita. Así o subdelegado do goberno mantiña unha reunión a pasada semana cos responsables municipais, e os membros das distintas forzas de seguridade e sanidade da provincia. Nesta reunión fixouse o plan de seguridade e emerxencias da esta festa, así como os efectivos que participarán, en total máis de 100 persoas entre Garda Civil, Protección Civil, Policía Local, persoal sanitario e operarios municipais.

Este ano tamén se contará con cámaras de vixilancia no parque, conectadas directamente co posto central de Protección Civil situado no mesmo Parque Municipal, zona de heliporto ante a posibilidade de ter que contar co helicóptero de emerxencias, así como vehículos adaptados para este tipo de concentracións.

Por outro lado, dende esta mesma semana, xa se marcaron os lugares onde se empezaron a situar xa os postos de venda, tabernas e pulpeiros. En total serán 30 pulpeiros, 16 tabernas e 210 postos de venda os que estarán abertos no Parque Municipal durante o domingo 11 de agosto.

9 de agosto de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.