Talleres prácticos de mercadotecnia, subvencións, xestión económicas e redes sociais na Aula de Emprendedores

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Vigo ▼
A-
A+

A Asociación de Mozos Empresarios, AJE-Galicia, en colaboración co Concello de Vigo, abre o prazo de inscrición para unha nova edición da Aula de Emprendedores, seminario destinado a promover o emprendimiento na cidade. Nesta ocasión, a actividade componse de catro talleres eminentemente prácticos que se celebrarán todos os xoves de setembro. En concreto, consta de catro módulos temáticos (mercadotecnia, subvencións, xestión económica e redes sociais), impartidos por emprendedores locais e cun carácter eminentemente práctico, baseado na súa experiencia como xestores de empresas e negocios xa consolidados.

Esta actividade, gratuíta para desempregados e socios de AJE, enmárcase dentro do Programa Punto Emprego del Concello de Vigo. Esta é a cuarta edición que se convoca en 2013, despois de participar neste programa durante este ano 185 persoas, a maioría delas novos de entre 25 e 35 anos, en situación de desemprego e con idea de emprender nun prazo curto de tempo.

O prazo de inscrición finaliza o próximo 4 de setembro e pódese realizar na sede de AJE, en Príncipe 53, ou a través do correo: comercial@ajegalicia.es.

TALLER DE  MARKETING

5 de septiembre
 16h – 19h

TALLER DE SUBVENCIONES

12 de septiembre

16h – 19h

TALLER DE GESTIÓN ECONÓMICA PARA TU NEGOCIO

19 de septiembre

16h – 19h

TALLER DE REDES SOCIALES  Y HERRAMIENTAS GRATUÍTAS PARA EMPRENDEDORES

26 de septiembre

16h – 19h

Inscrición: gratuíta para desempregados e socios de AJE.
Lugar no que se imparte o seminario: instalacións de Academia Postal.

28 de agosto de 2013 | 00:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.