Sométese á aprobación definitiva do pleno a ordenanza de telecomunicacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O goberno local elevará ao Pleno a Ordenanza Municipal Reguladora dos Equipos de Telecomuncacións do Concello para a súa aprobación inicial por parte da Corporación, despois de que onte a xunta de voceiros dera por pechado o proceso de elaboración do texto no que se recollen varias das propostas realizadas polo BNG. Dado que PSOE e EU non realizaron ningunha suxestión, a voceira do goberno do PP, Rocío Llovo, deixa aberto o prazo ata o luns 2 de setembro -día no que se cerra a orde do día do Pleno- a efectos de que aínda dispoñan de tempo para facelo. En calquera caso, tras a aprobación inicial, a Ordenanza someterase a exposición pública, período no cal, tanto os grupos como calquera persoa física ou xurídica, poderá presentar alegacións.

O Pleno celebrase o xoves, 5 de setembro, á partir das cinco da tarde e correspóndese coa sesión ordinaria do mes de agosto que os grupos acordaron pospoñer ata a primeira semana de setembro para non facela coincidir co período de festas e de vacacións.

A proposta da Ordenanza sobre telecomunicacións redactouse en cumprimento do acordo plenario adoptado pola Corporación Municipal e que veu motivado por una moción presentada polo BNG. Ademais de cumprir o acordo, a concelleira Rocío Llovo ofreceu aos grupos da oposición a posibilidade de participar na elaboración do texto, como así se fixo en varias reunións da xunta de voceiros. Os grupos traballaron cun borrador inicial elaborado polos técnicos municipais e que posteriormente tivo que adaptarse á Lei 3/2013, do 20 de maio, de Impulso e Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia, promovida pola Consellería da Presidencia da Xunta e que se publicou no mes de xuño.

O PSOE pretendía que a norma municipal limitase ás distancias de seguridade para a instalación de antenas e equipos de telecomunicacións respecto a vivendas, colexios ou outras zonas sensibles; proposta da que desistiron xa que leis de rango superior (autonómico e estatal) establecen estas distancias e non deixan marxe competencial á administración local para varialas.

30 de agosto de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.