Seminario para fomentar a creación de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Xuventude e Voluntariado segue a promover iniciativas tendentes a tratar de paliar os niveis de paro que afectan á mocidade. Con este obxectivo, o departamento que dirixe Francisco González Mariño organiza no mes de setembro o seminario formativo “O medio natural como ferramenta para o emprendedor”. Trátase dunha iniciativa que pretende que os mozos dispoñan das ferramentas para deseñar proxectos emprendedores que aproveiten os moitos recursos naturais que temos na zona e que poden servir para crear emprego.

O seminario celebrarse os días 2 e 3 de setembro no Auditorio, en horario de 9:00 a 14:00 horas e está destinado a 20 xóvenes, preferentemente desempregados, de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. A participación é gratuíta. O prazo de inscrición ábrese o luns, 19 de agosto e pecharase o día 27 do mesmo mes. As prazas cubriranse por orde de inscrición no Rexistro do Concello en horario de 8.30 a 14:00 horas.

A Concellería de Xuventude organiza este seminario baseándose en dous puntos. O primeiro, na necesidade de ser proactivo na busca e creación de emprego, dadas as circunstancias na que se atopa o mercado laboral, en especial para o traballo por conta allea. E a segunda, a necesidade de recorrer a nichos de empregos novos e con posibilidades, como son nesta caso os recursos naturais dos que dispoñemos nesta zona e que van tanto dende o seu aproveitamento turístico e sostible, como á agricultura ecolóxica por poñer só dous exemplos.
O noso medio natural, ofrece moitas posibilidades, posto que conta cun entorno natural único na comarca, destacando a súa vinculación co Parque Nacional Marítimo Terrestre da Illas Atlánticas de Galicia. A idea deste seminario é o de proporcionar unha idea das saídas profesionais vinculadas o noso medio natural (recursos mariños, recursos forestais, ecoturismo, enoturismo, turismo rural, etc.

Os obxectivos que se pretenden acadar co desenrolo deste curso son amosarlle aos alumnos as posibilidades profesionais que ofrece o noso medio natural; axudarlles a poñer en marcha unha idea de negocio ou un proxecto empresarial relacionado con esta temática e facilitarlles unha ferramenta de axuda ás persoas que teñen unha idea de negocio, para que teñan presentes aspectos que deben coñecer á hora de emprender. Para elo traballaranse aspecto como a iniciativa, a capacidade de risco, a creatividade ou a confianza nun mesmo.

A primeira parte do temario analizará os recursos naturais da zona, abordando aspectos como o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas (Illa de Cortegada), os recursos mariños, os recursos forestais e paisaxísticos, os recursos turísticos (bodegas, pazos, paisaxe, cultura e tradición, etc.) e as posibilidades profesionais que ofrece cada un deles.
A segunda parte do seminario enfocarase como un obradoiro de emprendeduría no que se tocarán aspectos como o emprendedor, a análise do mercado, a constitución dunha empresa, o plan de viabilidade e as subvencións, entre outros aspectos.

12 de agosto de 2013 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.