Santiago rexistra un descenso no paro de xullo por primeira vez dende marzo de 2008
No mes de xullo prodúxose a primeira baixada interanual no número de persoas paradas en Santiago dende marzo de 2008, segundo os datos do Ministerio de Emprego. En xullo deste ano houbo 8.774 persoas rexistradas no paro na cidade, fronte as 8.865 que houbo no mesmo mes do ano pasado. Trátase dun descenso de 91 persoas, un 1,03% menos.
O descenso interanual producido en xullo é unha descenso aínda pequeno, pero que continúa a tendencia que se está producindo nas cifras dende o último ano, no que se estaba producindo unha reducción nos crecementos interanuais. Pero ademais pode marcar un punto de inflexión no aumento continuado do paro interanual, que comezou en abril de 2008 e que se prolongou durante 63 meses seguidos.
En xullo houbo un descenso de 329 no número de persoas paradas con respecto a xuño, un 3,61%. Trátase do maior descenso tanto en termos absolutos como en termos porcentuais no mes de xullo dende polo menos o ano 2006.
O descenso de xullo súmase aos descensos dos meses precedentes, que están sendo importantes. Tradicionalmente, o periodo entre marzo e xullo é o mellor periodo en Santiago por mor das contratacións do sector turístico. O relevante é que este ano se rexistrou a maior baixada nestes periodo polo menos dende o ano 2006. Nestes cinco meses o descenso no número de rexistrados no paro foi de 1.113 persoas. Dende antes da crise económica non se superaba a cifra de mil persoas menos rexistradas no paro na cidade neste periodo.
Dende o Concello de Santiago quere facerse unha lectura cauta e prudente destes datos. Indican que se pode estar cerca dun cambio de tendencia na cidade. Pero o certo é que hai un número moi importante de persoas sen emprego, que están pasando por situacións moi complexas. O Concello está facendo todo o que está nas súas mans para reducir estas cifras, potenciando a dinamización económica da cidade.











