Ribadumia incrementa nun 30% as visitas turísticas respecto o ano pasado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia conta con estatísticas elaboradas dende a oficina de turismo situada no lugar dos Castaños. Respecto o ano posado polas mesmas datas o número de visitantes ten incrementado nun 30%. Os principais atractivos para os visitantes son os recursos naturais cos que conta a zona entre os que destacan a  Ruta da Pedra e da Auga e o Xacemento arqueolóxico Monte do Castro, inda que tamén son moitos os peregrinos que pasan por alí seguindo a variante do Camiño no Salnés.

A este incremento contribúen iniciativas como a de Turismo Rias Baixas que inclúe nas súas KEDADAS 2.0 unha visita o Xacemento arqueolóxico Monte do Castro. A cita será este sábado 3 de agosto e o procedemento de inscripción e a través da redes sociais Facebook e Twitter.

O evento e de balde e inclúe desprazamento dende Vigo ou Pontevedra e presenza dun experto en arqueoloxía que guiará os participantes por este poblado fortificado da Idade de Ferro.

2 de agosto de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.