publicidade hoxe

Rianxo inaugura centro de Uned Senior para maiores de 55 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRianxo
A-
A+

Recentemente o Concello de Rianxo forma parte dos centros asociados da UNED SENIOR, un proxecto educativo universitario pensado para persoas maiores de 55 anos co fin de enriquecer os seus coñecementos. Para participar non fai falla ter ningún estudo anterior.

Neste primeiro cuadrimestre, que vai dende outubro a xaneiro as materias que se van impartir son as seguintes:

– Informática Básica I (profesor Carlos Ces)

– Cultura Musical de Galiza (profesor José Luís do Pico Orjais)

– Historia do Teatro en Galicia (profesora Esther F. Carrodeguas)

Cada materia terá un custe de 50 € e as clases serán dúas horas á semana (de outubro a xaneiro) en Rianxo (Auditorio – Aula Activa do Mar).

Se vostede precisa máis información ou está interesado en apuntarse nalgunha materia pode pre-inscribirse dende o 5 ao 30 de agosto nos seguintes lugares:

• Auditorio de Rianxo: de martes a venres de 11.00 a 13.30 horas.

Rúa Autores da Rianxeira s/núm. Rianxo. T.E. 981 100 688

• Servizos Sociais: luns a venres de 10 a 14 horas.

Estrada de Tanxil, núm. 12. Rianxo. T.E. 981 860 061

• Correo electrónico: unedsenior@concelloderianxo.es

• En liña:www.rianxo.com/unedsenior

2 de agosto de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.