Renovación do espazo situado no ámbito do pavillón municipal de Deportes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A área de Infraestructuras, que dirixe Martín Fernández Prado, informa do inicio das obras de urbanización e de accesibilidade no ámbito do pavillón municipal de Deportes, así como da mellora de accesibilidade no cruzamento do paseo de Rolda coa rúa Manuel Murguía. O Goberno local inviste 270.000 euros nestas tres actuacións.

En colaboración coa Concellaría de Deportes, que dirixe Francisco Mourelo, a área de Infraestructuras comeza a urbanización do ámbito comprendido entre o pavillón municipal de deportes, a piscina e o frontón municipal, e o Estadio de Riazor. Os traballos ten por obxectivo a renovación integral deste espazo de 1.920 metros cadrados para conseguir a súa recuperación funcional e estética.

En concreto, vaise realizar unha renovación total de pavimento e instalacións; a eliminación das diferenzas de cotas, así como a mellora da rampla de acceso dende Manuel Murguía; a substitución das portas de acceso existentes; os traballos de canalización; a mellora de iluminación e a reserva de espazo para as necesidades do estadio. Desta forma, acondicionarase unha área que estivo marcado por diferentes usos como circulación de peóns, vehículos ou espazo de aparcadoiro de vehículos de emerxencias, transporte ou pesados.

Por outra parte, comezan tamén as melloras de accesibilidade no tramo comprendido entre a piscina municipal de Riazor e os despachos do Pazo dos Deportes. Trátase de obras de acondicionamento e reurbanización nunha área de 445 metros cadrados.

Por último, inícianse os traballos de mellora de accesibilidade no cruzamento do Paseo de Rolda e a rúa Manuel Murguía. As obras consistirán na eliminación dos illotes triangulares do interior do cruzamento, o desprazamento de pasos de peóns e os seus elementos semafóricos, a instalación de canalizacións, recollida de pluviais, remates de sinalización e xardinaría.

12 de agosto de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.