publicidade hoxe

Rematou esta fin de semana a Concentración de Escolas de Galicia de Vela no embalse de Castrelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoDeportesLocal
A-
A+

> Uxia Nieves do Club Náutico Castrelo de Miño conseguiu a vitoria a nivel individual por diante dos irmáns da escola de Canido Carmen e Ricardo Fernández Miranda que a acompañaron no pódium.
> A Regata Copa Deputación de Ourense levouna o ourensán Alejandro Pérez Canal que competía polo CM de Canido, o segundo posto foi para Alba Trigo do RCN de Sanxenxo e e o terceiro para Pedro Fernández, tamén do CM Canido.
> Por escolas Canido non tivo rival, polo que a loita estivo entre Sanxenxo que foron os segundos e Sada, finalmente terceiros, entre os que só houbo dous puntos de diferenza trala suma dos postos alcanzados polos seus 4 mellores regatistas.

Os vencedores

Os vencedores

Éxito da decimosexta edición da Concentración de Escolas de Galicia á que, malia as dificultades económicas, acudiron media ducia das mellores escolas galegas. O embalse de Castrelo ofreceu a mellor das súas caras para a navegación a vela con ventos do norte e do nordés de entre 8 e 18 nós que permitiron a disputa dun total de 5 espectaculares mangas.

Os regatistas do Club Marítimo de Canido demostraron un gran nivel baixo esas esixentes condicións de vento levándose o trofeo por escolas. Pero a nivel individual víronse superados pola representante local do Náutico de Castrelo, Uxia Nieves, que conseguiu a vitoria en 2 das 5 mangas disputadas. O 2º e 3º posto foi para os irmáns de Canido Carmen e Ricardo Fernández Miranda o que sumado a un 6º e 15º conseguidos por dous dos seus compañeiros déronlle unha clara vitoria na clasificación por escolas. A escola do Náutico de Castrelo tívose que conformar co 4º posto xa que malia conseguir a vitoria con Uxia e un 5º posto de Pablo Martínez, os 2 seguintes en puntuar eran 19º e 21º, polo que se viron superados polas escolas do RCN de Sanxenxo que ocupou o 2º lugar e a do CNR de Sada que foi terceira.

A Regata Copa Diputación na que competían os máis experimentos foi dominada polo ourensán Alejandro Pérez Canal que competiu polo CM de Canido e conseguía dúas vitorias e dous segundos postos, o que lle deu o primeiro posto por diante de Alba Trigo do RCN de Sanxenxo e do seu compañeiro Pedro Fernández. Alba e Pedro empataron a puntos pero Alba fixo dous primeiros postos mentres que Pedro só 1, o que situou a Alba en 2º lugar. A mellor de Castrelo foi Nuria Vázquez en 5º lugar confirmando ser a mellor dos integrantes do equipo Optimist do Náutico de Castrelo.

A entrega de premios realizouse durante o desenvolvemento da Feira Mensual de Castrelo de Miño nas inmediaciones do Parque Náutico e contou coa presenza do responsable da Federación Galega de Vela da Clase Optimist, Jaime García, da Presidenta do Náutico de Castrelo, Beatriz Alberte e dos Tenente Alcalde e Alcalde de Castrelo de Miño Alfredo Fernández e Xurxo Rodríguez.

Ademais o equipo de optimist de Castrelo adestrado por Héctor Regueiro está doblemente satisfeito xa que á vitoria de Uxia hai que unir que dous dos seus integrantes máis novos acaban de ser convocados pola federación para participar nunha concentración no Centro Gelego de Vela de Vilagarcia de Arousa para preparalos de cara ao futuro. Trátase de Lucia Vázquez e Adrián González, pero só puido asistir Adrián González que desde hoxe se atopa xa en Vilagarcia adestrando ás ordes do responsable da clase Jaime García.

26 de agosto de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.